Slot Panic: carreiras de slot cun só mando
Dous coches enganchados ao seu carril e un só control, o gatillo: apertar acelera e soltar frea. Se entras na curva demasiado rápido a cola sae de lado; se insistes, o coche sae, dá voltas sobre a mesa e unha man devólveo á pista. De balde, sen rexistro, no navegador ou instalado como app.
Como se xoga
- Mantén premido para acelerar e solta para frear. A toques, a potencia queda a medias.
- Pasado o agarre, o coche derrapa e perde velocidade; só sae se segue pasado.
- Saír custa tempo, non a carreira: a man devolve o coche a onde saíu.
- Tres, cinco ou dez voltas: carreira rápida, normal ou de resistencia. En cada carreira os coches cambian de carril; nunha X e nun cruzamento, se chegan á vez, chocan.
- No móbil en vertical, o modo lupa: a pista ampliada arredor do teu coche e o mapa do circuíto arriba, contra a CPU.
- Trece coches para escoller na portada, dun dous cabalos a un monovolume: cambian a forma, non a carreira.
- Debuxa o teu propio circuíto co dedo nunha cuadrícula: próbao contra a CPU, gárdao e comparte a ligazón.
- Campionato: os seis circuítos seguidos. Gaña quen gañe máis carreiras e, se empatan, o menor tempo total.
- Galería: publica os teus circuítos cun alias de tres letras e corre os dos demais, os novos ou os máis xogados.
- Récords de volta nos seis circuítos oficiais: asina a túa con tres letras e corre contra a túa pantasma ou a do récord.
Controis
| Coche | Teclado | Táctil |
|---|---|---|
| X1 (vermello) | W A ⇧ ␣ | metade esquerda |
| X2 (azul) | ↑ L ⇧ 0 | metade dereita |
Na portada: Enter comeza, C cambia de circuíto, E de escenario, H de hora, V as voltas, D o nivel da CPU, L de idioma e M quita o son. En carreira, R repite e Esc volve ao menú. O carril que ninguén toque lévao a CPU.
Circuítos
- A GANCHA — dúas curvas rápidas e un dedo cunha gancha pechada.
- O OITO — un oito con cruzamento, unha gancha peraltada, unha chicane e dúas curvas de derrape.
- O NÓ — unha X na que os coches cambian de carril, unha recta de fochancas, unha gancha e unha chicane.
- O ESVARÓN — dúas estreitas nas que os carrís se xuntan (á par, os coches tócanse) e unha curva escorregadiza que se colle derrapando.
- A BAÑEIRA — a recta de meta máis longa, dúas peraltadas, unha X na recta de abaixo e, no val, un desvío no que os carrís se xuntan e se quebran de lado entre pacas de palla.
- A DIAGONAL — un oito torto no que a diagonal pasa baixo unha ponte, un val con fochancas, unha peraltada, un lazo estreito coa súa estreita e unha curva de derrape.
Idiomas
Slot Panic 1.16.3 · Privacidade